xoves, 29 de decembro de 2016

Celebración do Nadal

O 21 de decembro festexamos o Nadal 
todos xuntos no centro. 

Primeiro vimos a obra de teatro 
preparada polo grupo da AMPA

E despois nos preparamos coa bolsa do cotillón para celebrar o fin de ano no cole




Xa listos baixamos á festa 
onde nos divertimos moito




FELIZ ANO A TODOS!!!



sábado, 17 de decembro de 2016

Saída ao Parlamento de Galicia e ao cine

Estudiáramos moito sobre as institucións de Galicia. Agora chegou o momento de coñecer unha delas:
O Parlamento de Galicia.
Coñecimos que hai 75 deputados, que o edificio creouse como escola de veterinaria... moitas cousas!
Fixemos debates e coñecimos onde se reúnen os diferentes grupos parlamentarios, agás o do BNG que está en obras.
E contemplamos diferentes obras de arte que hai alí.




















Despois nos diriximos ao cine para ver Vaiana.


Visita dos xogadores do Obradoiro

O xoves visitáronnos dous xogadores do club de baloncesto Obradoiro, equipo de Santiago da ACB. Os xogadores foron
 Fran Cárdenas e Txemi Urtasum. 


Logo da ronda de preguntas 
chegou a hora dos autógrafos  







Ao final tivemos un tempo para practicar baloncesto