venres, 9 de outubro de 2015

Recomendamos: O gato fantasma

Na biblioteca de aula temos a disposición dos nenos e nenas varios exemplares deste libro:

QUEN É O AUTOR?
Xelís de Toro

DE QUE EDITORIAL É?
Xerais

DE QUE TRATA?
Rolo e Pestiña son moi amigos, que non noivos, e sempre ao saír da escola van xuntos para a casa. Pero aquel día en que todo comezou, Pestiña non daba chegado á praza do camelio, onde sempre quedaban. Mentres Rolo agardaba comezou a chover; estábase poñendo coma un pito. Logo dun anaco viu aberto un portal dunha casa e foi correndo a refuxiarse. Dende alí vería ben a Pestiña. Rolo nunca reparara nese portal, que máis ben parecía unha cova. E Pestiña sen aparecer! De repente Rolo escoitou un ruído ás súas costas que o asustou: era un gato cun ratiño na boca. Sería o gato do que todos falaban no recreo, o tal Rabudo, o que lle podía a un pastor alemán? A partir dese encontro entre Rolo e o gato fantasma todo comezou a cambiar...


Podedes facer comentarios despois de ler o conto! Animádeos!

2 comentarios:

  1. Gustoume moitisimo.Foi chulísimo porque son moi amigos.

    ResponderEliminar
  2. Gustoume moito o que conta e como esta redactado. As ilustracions moi chulas e bonitas, coloridas e algunhas descoloridas. Non me gustaron as burlas que lle facian esos perversos nenos da sua escola. Rolo e Pestiña son moi amigos. A imaxinacion esta sin limites.

    ResponderEliminar