martes, 26 de xaneiro de 2016

Saída ao teatro

Este luns fumos ao teatro principal a ver a Obra de teatro "A tropa trapalleira..."
 
Collimos o autobús todos ilusionados

 
Logo de merendar e de ver aos compañeiros do outro colexio de Sigüeiro (que tamén ían ver a obra), entramos no teatro e nos atopamos con Laranxiño e Mariña que nos saudaban ao entrar.
 
Xa cando estabamos nas butacas, Rosiña quedábase durmida todo o rato (tiña narcolepsia)
 
Despois de ver a obra de teatro, que trataba do absurdo das guerras mediante diferentes sketch,
dialogamos cos seus actores e puidemos preguntar aquilo que se nos ocurrise.
 
 

2 comentarios: