venres, 5 de febreiro de 2016
Semana de Entroido
Seguindo os mandados do noso meco, fumos traendo un día algo na cabeza, outro unha barba, uns zapatóns e o xoves era disfraz libre. Houbo de todo e todas e todos moi guapos!!!
Charla sobre o camiño inglés
Como este ano imos disfrazados do tema do camiño inglés e ademais vai ser o futuro nome do noso colexio, veu un experto á aula a falarnos sobre el. Nos ensinou tódolos camiños a Santiago que hai e nos falou do noso, no que viñan en barco ata Ferrol ou Coruña e ían camiñando pasando por Sigüeiro, porque aquí había unha ponte para poder cruzar o río. Tamén nos falou do que comían. E puidemos facerlle tódalas cuestións que nos interesasen.
domingo, 31 de xaneiro de 2016
Celebración do día da Paz no cole
Co motivo do día da paz estivemos recollendo durante toda a semana productos para darlle aos servicios sociais do concello para as persoas que o necesiten.
Moitas grazas a todos por colaborar, este foi o gran resultado:
Ademais adornamos ao lado da nosa porta:
E como actividade do 29 de xaneiro, conxunto para todo o alumnado do centro,
puxemos as nosas pegadas no símbolo da paz.
Cada aula dunha cor. Nós eliximos o dourado.
mércores, 27 de xaneiro de 2016
Os ríos e os lagos
Podemos ver un vídeo onde nos explican as tres partes que ten un río e as súas características:
Agora, podemos facer actividades:
martes, 26 de xaneiro de 2016
Saída ao teatro
Este luns fumos ao teatro principal a ver a Obra de teatro "A tropa trapalleira..."
Collimos o autobús todos ilusionados
Logo de merendar e de ver aos compañeiros do outro colexio de Sigüeiro (que tamén ían ver a obra), entramos no teatro e nos atopamos con Laranxiño e Mariña que nos saudaban ao entrar.
Xa cando estabamos nas butacas, Rosiña quedábase durmida todo o rato (tiña narcolepsia)
Despois de ver a obra de teatro, que trataba do absurdo das guerras mediante diferentes sketch,
dialogamos cos seus actores e puidemos preguntar aquilo que se nos ocurrise.
venres, 22 de xaneiro de 2016
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)