Hoxe tivemos un divertido encontro co autor do libro «O trompetista e a lúa».
Pasámolo moi ben con el. Grazas Xelís pola túa visita!
Amosando publicacións coa etiqueta Día do libro b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día do libro b>. Amosar todas as publicacións
mércores, 19 de abril de 2017
venres, 29 de abril de 2016
Encontro no Carboeiro
O martes 26 de abril nos xuntamos 3º e 4º do CEIP do Camiño Inglés
cos alumnos de 4º do outro colexio.
Nós limos unhas citas sobre libros e eles recitaron unhas poesías.
Logo colgamos polo Carboeiro as cintas coas citas e versos.
venres, 22 de abril de 2016
Compartimos o momento de lectura
Na hora da lectura nos reunimos todos para ver unha representación teatral
preparada polos alumnos de 1º que o fixeron moi ben.
A continuación os nenos e nenas de 2º nos mostraron un conto divertido feito por eles,
que leron estupendamente!
Encontro cun editor
Co motivo do día do libro (23 de abril) no colexio realizamos diferentes actividades que rematarán na próxima semana cun encontro no Carboeiro co outro colexio da vila, sempre que o tempo o permita.
A primeira delas foi a visita dun editor, David Cortizo de URCO EDITORA,
que nos falou do que se fai nunha editorial para que o libro chegue ata as nosas mans.
Houbo moitas preguntas e todas e todos estiveron moi interesados no que se dicía.
MOITAS GRAZAS DAVID POR VISITARNOS!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)




























