Amosando publicacións coa etiqueta Saídas e Excursións. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Saídas e Excursións. Amosar todas as publicacións

sábado, 17 de decembro de 2016

Saída ao Parlamento de Galicia e ao cine

Estudiáramos moito sobre as institucións de Galicia. Agora chegou o momento de coñecer unha delas:
O Parlamento de Galicia.
Coñecimos que hai 75 deputados, que o edificio creouse como escola de veterinaria... moitas cousas!
Fixemos debates e coñecimos onde se reúnen os diferentes grupos parlamentarios, agás o do BNG que está en obras.
E contemplamos diferentes obras de arte que hai alí.




















Despois nos diriximos ao cine para ver Vaiana.


sábado, 10 de decembro de 2016

Imos a correos

Despois de facer as postais para felicitar o Nadal a quenes queremos tocou o momento de levalas á oficina de correos.

Ao chegar ao noso destino, un a un foron entregando as postais.











Foi un paseo interesante. Agora agardamos que cheguen ao seu destino.



mércores, 22 de xuño de 2016

Excursión de fin de curso

Hoxe foi un día de convivencia para todos.
Pasámolo moi ben.
Houbo tempo de bañarse na piscina, de xogar e de comer.
Unha grande experiencia!





martes, 26 de xaneiro de 2016

Saída ao teatro

Este luns fumos ao teatro principal a ver a Obra de teatro "A tropa trapalleira..."
 
Collimos o autobús todos ilusionados

 
Logo de merendar e de ver aos compañeiros do outro colexio de Sigüeiro (que tamén ían ver a obra), entramos no teatro e nos atopamos con Laranxiño e Mariña que nos saudaban ao entrar.
 
Xa cando estabamos nas butacas, Rosiña quedábase durmida todo o rato (tiña narcolepsia)
 
Despois de ver a obra de teatro, que trataba do absurdo das guerras mediante diferentes sketch,
dialogamos cos seus actores e puidemos preguntar aquilo que se nos ocurrise.
 
 

luns, 18 de xaneiro de 2016

A tropa trapalleira

O luns 25 de xaneiro iremos ver a obra de A tropa trapalleira ao teatro principal de Santiago.

Rosiña, Laranxiño e Mariña presentan o espectáculo para nenos
 "Pequena trapallada e algunha outra batalla".

Trátase dun espectáculo colorista e moi dinámico co que se pretende facer reflexionar sobre o absurdo das guerras e o que traen consigo. Recomendado para nenos de 3º e 4º de Primaria.

xoves, 17 de decembro de 2015

Exposición: Héroes Animados

Visitamos unha exposición onde nos ensinaron diferentes formas de facer películas de animación (de debuxos animados). Concretamente dunhas películas realizadas por dous irmáns: Carlos e Jordi que traballan en "Grangel Studio".
Vídeo que nos mostraron dun boneco bailando coa técnica de Stopmotion:


Fixeron películas como "A Noiva Cadáver", "Kung-Fu Panda", "Como adestrar ao teu dragón", "Espantatiburóns", "Piratas!", "Madagascar", "Spirit, o corcel indomable" e "Hotel Transilvania".





 E despois das explicacións, creamos uns superheroes: