Amosando publicacións coa etiqueta Lingua. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Lingua. Amosar todas as publicacións

mércores, 20 de abril de 2016

A primavera

Aínda que fai mal tempo xa estamos en primavera.
 Temos que adornar a porta da nosa aula,
 como fixemos con tódalas estacións.
 
Colocamos flores, xoaniñas, bolboretas, paxaros...
 
Ademais temos un apartado de froitas da primavera
 
Saíron froitas que moitos non habían probado, así que un día a profe trouxo arándanos


Moitos querían repetir!!!
 
 

martes, 12 de xaneiro de 2016

Libro de lingua

Por se esquecedes o libro no cole
 ou queredes facer algunhas das actividades de reforzo que aparecen,
 tedes un enlace ao libro dixital de lingua:
 
https://dl.dropboxusercontent.com/u/105278351/lg/site/www/root/Lingua3_Galicia/data/libro_digital/Launch.html#

martes, 15 de decembro de 2015

Recitamos polo Nadal

Hoxe na clase de lingua fixemos unha actividade bastante difícil 
xa que tiñamos que recitar unha panxoliña
 e adaptarnos aos compañeiros.


Este foi o resultado:

Un aplauso que o fixeron moi ben!!!


sábado, 7 de novembro de 2015

O outono!

Estamos en pleno outono e en lingua galega estamos vendo algún vocabulario relacionado con el.
Roupa: catiúscas, botas, chuvasqueiro...
Tempo: vento, chuvia, nubes...
Paisaxe: ourizos, follas, espantallos...
Alimentos: cogomelos, castañas, noces...

Podemos ler un conto sobre a folliña viaxeira:

Podemos facer composicións con cousas do outono:

Podemos facer actividades co tema do outono:


E podemos ver uns vídeos: